O ex xerente do PP de Ourense admite que o partido encargou o seu congreso de 2002 a unha das empresas da trama Gürtel. Admitiuno no xuízo contra o xornalista e o medio que o revelaron, aos que demandou. En Faro de Vigo.
Fálase
Un manifesto asinado por 500 personalidades de todo o Estado pídelle a Rajoy que asuma a folla de ruta da Conferencia Internacional de Paz de Donostia, aprobada o pasado ano. Entre os asinantes están Adolfo Pérez Esquivel, José Manuel Naredo, José Luis Sampedro, Santiago Alba Rico, Carlos Taibo, Isaac Rosa ou Pilar Bardem
Esta fin de semana celébrase o polémico Gran Premio de Fórmula 1 de Bahrain. Reporteiros sen Fronteiras leva a cabo unha campaña en contra, en protesta pola represión do réxime que goberna o país e que fará uso da carreira para dar unha imaxe de normalidade no exterior.
O desaloxo do proxecto Es.Col.A, polo cal un colectivo ocupaba a antiga escola da Fontinha, no Porto, remata en protestas diante do Concello, onde unha persoa cubriuse de gasolina e a policía evitou que se plantara lume
"Me comprometo a luchar con todas mis fuerzas por subvertir el sistema...". A fórmula escollida por Sánchez Gordillo para tomar posesión como deputado en Andalucía (e as risas dos deputados do PP) dán a volta polas redes sociais.
Unha enquisa de Ipsos para Le Monde sitúa a Hollande claramente en cabeza na primeira volta das presidenciais francesas, cun 29% de intención de voto, por 25,5% de Sarkozy, 16% de Le Pen e 14% de Melenchon. Na segunda volta o socialista imporíase por 56% a 44%.
Un informe da Universidade de Chicago indica que a crenza en deus diminúe no planeta.
O naval galego acolle "con moita cautela" o posible encargo de barcos para a petroleira mexicana Pemex, anunciado por Alberto Núñez Feijoo
O fiscal ve indicios de prevaricación urbanística en licencias de Sanxenxo. El País afirma que a alcaldesa desoíu un informe vinculante da Xunta contra varios chalés
Dous de cada tres norteamericanos (incluídos o 50% dos votantes republicanos) cren que as súas tropas deberían retirarse de inmediato de Afganistán.