Rematou a Liga regular na LEB Prata e comezan os playoffs de ascenso á LEB Ouro. Os dous equipos galegos loitarán polo ascenso: o Aguas de Sousas Ourense, que foi 2º no campeonato regular, enfrontarase ao Lan Mobel ISB, de Azpeitia; pola súa parte, o Leyma Natura Basquet Coruña xogará contra o Aurteneche Maquinaria Araba. As eliminatorias dispútanse ao mellor de 3 partidos e os dous equipos galegos teñen a vantaxe de campo en caso de que sexa necesario o desempate. A serie comeza o próximo martes, día 24, na Coruña ás 20:30 e en Ourense ás 21h. Se os dous equipos galegos se clasifican, loitarán entre si por unha praza na final.