O futuro da monarquía española ocupa este domingo boa parte das portadas dos diarios impresios de difusión estatal. En El País faino a través da entrevista ao secretario xeral do PSOE, que asegura que el lle tería recomendado non ir cazar a Bostsuana. Noutros, como El Mundo, unha enquisa sinala que o 52% dos españois ve "danada" a imaxe da Coroa.
