A galega Verónica Boquete, nomeada ao galardón como mellor xogadora de Europa pola UEFA
Fálase
A Xunta concédelle a Medalla de Galicia ao escritor Xosé Neira Vilas, ao piragüista David Cal, ao oftalmólogo Manuel Sánchez Salorio e, a título póstumo, ao xornalista Enrique Beotas.
Este mediodía as forzas políticas secundan a declaración d'A Mesa a prol da lingua galega. Toda a información, hoxe en Praza.
Rajoy anuncia que o rescate a Grecia será debatido e votado no Congreso. O rescate á banca española foi aceptado sen debate nin votación previa.
O pleno de organización na Deputación de Lugo liquídase en apenas 2 minutos e sen debate. Recólleo La Voz
Tsipras tenta convencer o pobo grego sobre o acordo coa troika apelando ao pragmatismo aínda que, di, "non cre" no pactado.
PSdeG e BNG presentan e asinan publicamente este mediodía o "acordo de goberno de coalición" para a Deputación da Coruña, cuxa corporación se constitúe este xoves.
PP e PSdeG acadan un acordo para renovar o Consello de Contas e mais o Consello de Administración da CRTVG, que reduce a súa dimensión en virtude da nova lei.
O CD Lugo comezará a Liga xogando ante o Oviedo no estadio do equipo asturiano o vindeiro 23 de agosto. O equipo que agora dirixe Luis Milla rematará a campaña o 5 de xuño de 2016 cun encontro ante o Huesca no Ángel Carro.
O Deportivo comezará a Liga contra a Real Sociedad en Riazor e o Celta, contra o Levante no estadio do equipo valenciano. O derbi galego xogarase o 8 de novembro na Coruña e o 3 de abril en Vigo. Aquí podes consultar o calendario completo do Dépor, o do Celta e o de toda a Primeira división.