O CD Lugo comezará a Liga xogando ante o Oviedo no estadio do equipo asturiano o vindeiro 23 de agosto. O equipo que agora dirixe Luis Milla rematará a campaña o 5 de xuño de 2016 cun encontro ante o Huesca no Ángel Carro.
Fálase
O Deportivo comezará a Liga contra a Real Sociedad en Riazor e o Celta, contra o Levante no estadio do equipo valenciano. O derbi galego xogarase o 8 de novembro na Coruña e o 3 de abril en Vigo. Aquí podes consultar o calendario completo do Dépor, o do Celta e o de toda a Primeira división.
Whatsapp disponse a permitir marcar mensaxes como "non lidas". Cóntao Mallando no Android
O Goberno central indulta o construtor que ameazou e agrediu a arquitecta municipal da Illa de Arousa. A conmutación da pena permite que o empresario non teña que entrar no cárcere. Cóntao Eva Belmonte, de CIVIO, en eldiario.es
Varoufakis explica cal era o seu plan para tentar contrarrestar os ditados da troika. Faino nunha entrevista en NewStatesman que recolle eldiario.es
O PP retoma o seu plan para ilegalizar os gobernos municipais de coalición. Con esa norma, que Rajoy quere sacar adiante antes das xerais, o PP gañaría 27 alcaldías máis en Galicia, segundo recolle Faro de Vigo
O alcalde de Oza-Cesuras (5.500 habitantes) cobrará 45.000 euros ao ano, máis que o da Coruña. Recólleo La Voz
Luis de Guindos non logra o apoio dos socios europeos para presidir o Eurogrupo, que continuará dirixido polo holandés Jeroen Dijsselbloem, gañador na votación deste luns. A promoción do ministro español para o posto foi un dos asuntos abordados por Rajoy no seu cumio con Merkel en Compostela.
O Consello Europeo aproba a sanción de 18,9 millóns a España pola manipulación do déficit na Comunitat Valenciana. Nesta ligazón pódese acceder á comunicación íntegra da UE ao respecto.
O Supremo ratifica a "sanción de advertencia" contra o xuíz Vázquez Taín que impuxera o TSXG por facer "bromas de mal gusto" sobre o caso Asunta