O Consello Europeo aproba a sanción de 18,9 millóns a España pola manipulación do déficit na Comunitat Valenciana. Nesta ligazón pódese acceder á comunicación íntegra da UE ao respecto.
Fálase
O Supremo ratifica a "sanción de advertencia" contra o xuíz Vázquez Taín que impuxera o TSXG por facer "bromas de mal gusto" sobre o caso Asunta
Já temos ganhador do concurso aPorto! O curso de língua e cultura no Porto organizado por Agal é para Álvaro Ordóñez
Horas antes do acordo que finalmente adoptou o Eurogrupo, varios artigos criticaban a inflexible posición de Alemaña na negociación con Grecia. No New York Times Paul Krugman acusaba a Berlín de poñer en risco o proxecto europeo; Varoufakis sinalaba que o obxectivo de Merkel na negociación era expulsar Grecia do euro para infundir temor nos demais países. Thomas Piketty e outros economistas escribíanlle unha carta aberta a líder alemá advertíndolle de que "a austeridade fracasou"
Unanimidade no pleno de Santiago para aprobar as dedicacións exclusivas, o persoal eventual e a representación dos grupos en diversos organismos municipais. O goberno local cifra en 1,5 millóns de euros o aforro que este acordo implica para todo o mandato.
O presidente do Consello Europeo anuncia que se vén de acadar un acordo para o novo rescate a Grecia
O pleno de Santiago aproba esta mañá ás 9 as dedicacións exclusivas da corporación e o resto de asuntos relativos á nova organización municipal. A aprobación prodúcese tras o acordo entre grupos acadado a pasada semana.
A segunda edición do Ribadeo Indiano encheu a vila da Mariña durante toda a fin de semana. Cóntao El Progreso
Continúan tras 15 horas as negociacións para o terceiro rescate de Grecia. A troika lanza unha batería de esixencias que o goberno grego tería que aprobar en 72 horas.
Un asesor e 47.000 euros son a causa de que o PSOE da Coruña rexeite a proposta da Marea Atlántica para a nova organización municipal, segundo conta La Opinión