Continúan tras 15 horas as negociacións para o terceiro rescate de Grecia. A troika lanza unha batería de esixencias que o goberno grego tería que aprobar en 72 horas.
Fálase
Un asesor e 47.000 euros son a causa de que o PSOE da Coruña rexeite a proposta da Marea Atlántica para a nova organización municipal, segundo conta La Opinión
Lores ve "impresentable e centralista" a proposta electoral de Podemos para as xerais en Galicia. Díxoo nunha entrevista en RNE que recolle Faro de Vigo
La Voz suxire a posibilidade de que Feijóo adiante as eleccións galegas a decembro, facéndoas cadrar coas xerais
O Eurogrupo, liderado pola posición inflexible de Alemaña e Finlandia, presiona coa saída de Grecia do euro e esíxelle a Atenas reformas legais antes do mércores.
Merkel afasta a posibilidade dun acordo con Grecia, afirmando que non chegará "a calquera prezo". Pola contra, Tsipras asegura que "haberá un acordo esta noite se todas as partes queren"; "debémosllo aos pobos de Europa, que queren unha Europa unida e non dividida", engade o presidente grego. Hollande di que Francia fará "todo o posible" para que "Grecia quede na zona euro" e para que haxa un acordo "que favoreza a Europa"
Remata a xuntanza do Eurogrupo, moi dividido entre o grupo de países que se negan a negociar a proposta grega, encabezados por Alemaña, e aqueles que lle piden "flexibilidade" a Merkel, sobre todo Francia e Italia. O Consello Europeo cancelou o cumio de xefes de Estado e de Goberno prevista para esta tarde.
A asociación animalista Libera! e a Fondation Franz Weber trasladaranlle á Comisión Europea 120 denuncias de casos de cans encadeados e en malas condicións hixiénico-sanitarias en Galicia, recibidas a través da web Sen Cadeas. En toda España as denuncias ascenderon a máis de 500.
Morre, aos 71 anos de idade, Javier Krahe. O cantautor sufriu un infarto na súa casa de Zahara de los Atunes (Cádiz)
A concesión dun terceiro rescate a Grecia divide os países do euro. Francia e Italia apostan por ser flexibles, o mesmo que España ou Holanda. Pola contra, Alemaña, Eslovenia, Eslovaquia, Finlandia e os países bálticos néganse a aceptar a proposta de Atenas.