O presidente do Consello Europeo anuncia que se vén de acadar un acordo para o novo rescate a Grecia
Fálase
O pleno de Santiago aproba esta mañá ás 9 as dedicacións exclusivas da corporación e o resto de asuntos relativos á nova organización municipal. A aprobación prodúcese tras o acordo entre grupos acadado a pasada semana.
A segunda edición do Ribadeo Indiano encheu a vila da Mariña durante toda a fin de semana. Cóntao El Progreso
Continúan tras 15 horas as negociacións para o terceiro rescate de Grecia. A troika lanza unha batería de esixencias que o goberno grego tería que aprobar en 72 horas.
Un asesor e 47.000 euros son a causa de que o PSOE da Coruña rexeite a proposta da Marea Atlántica para a nova organización municipal, segundo conta La Opinión
Lores ve "impresentable e centralista" a proposta electoral de Podemos para as xerais en Galicia. Díxoo nunha entrevista en RNE que recolle Faro de Vigo
La Voz suxire a posibilidade de que Feijóo adiante as eleccións galegas a decembro, facéndoas cadrar coas xerais
O Eurogrupo, liderado pola posición inflexible de Alemaña e Finlandia, presiona coa saída de Grecia do euro e esíxelle a Atenas reformas legais antes do mércores.
Merkel afasta a posibilidade dun acordo con Grecia, afirmando que non chegará "a calquera prezo". Pola contra, Tsipras asegura que "haberá un acordo esta noite se todas as partes queren"; "debémosllo aos pobos de Europa, que queren unha Europa unida e non dividida", engade o presidente grego. Hollande di que Francia fará "todo o posible" para que "Grecia quede na zona euro" e para que haxa un acordo "que favoreza a Europa"
Remata a xuntanza do Eurogrupo, moi dividido entre o grupo de países que se negan a negociar a proposta grega, encabezados por Alemaña, e aqueles que lle piden "flexibilidade" a Merkel, sobre todo Francia e Italia. O Consello Europeo cancelou o cumio de xefes de Estado e de Goberno prevista para esta tarde.