O deputado Javier Dorado (PPdeG) cuestiona a "educación" dos estudantes galardoados co premio fin de carreira que non saudaron a Wert no acto de entrega
Fálase
O concelleiro de Festas de Santiago considera que "ao galego non hai que darlle maior importancia". Fíxoo despois de que o BNG reclamase que, nas proxeccións dos Fogos do Apóstolo "se utilice o idioma propio de Galiza e se respecte a toponimia oficial".
Rajoy di que non prevé subir o IVE pero vai "explorar" a recomendación da Comisión Europea que reclama subilo. Na Cadena SER
Varios estudantes galardoados co premio de fin de carreira néganlle o saúdo ao ministro de Educación en protesta pola lei Wert e os recortes no ensino. Recólleo Público.es
A Audiencia vólvelle reducir a fianza ao ex presidente da CEOE, Gerardo Díaz Ferrán. En El Diario
Economistas frente a la crisis destaca en relación á evolución do desemprego en maio que se trata de "bos datos aparentes que agachan non tan boas novas", en referencia, sobre todo, ao carácter precario dos contratos e á redución da taxa de cobertura.
A Escola Galega de Administración Pública convoca un curso sobre o estado autonómico con contidos como Federalismo e nacionalismo: da construción á destrución do Estado ou A unidade xurídica e económica como exixencia e garantía dun Estado autonómico sustentable.
Esquerda Unida e Aleas-Eu veñen de presentar o manifesto por un #OrgulloLGTBI galego
O Congreso dos Deputados debaterá en pleno unha proposta de reforma da Constitución que propón afianzar a democracia participativa e que facilite as iniciativas lexislativas populares e os referéndums
O BNG presenta este mércores en Compostela, xunto a ERC e Amaiur, a súa proposición non de lei "pola autodeterminación dos pobos"