Celta B e Dépor B eliminan a Mutilvera e Tuilla e acompañarán o Compostela na seguinte rolda do play-off de ascenso a Segunda B.
Fálase
David Peón reivindica a Keynes nun post escrito a partir dun texto de Antón Costas: "As políticas sociais non son só cuestión de ética e decencia humana (o cual sería suficiente para defendelas). Son tamén políticas económicas eficientes en contexto de depresión económica".
Erdogan xustifica a represión: "O meu deber era limpar a praza de Taksim". O Goberno advirte de que todo aquel que se achegue a Taksim e Gezi será considerado terrorista. A policía carga con gas pementa contra todo aquel que intenta acceder á praza e os antidisturbios dispersan a marcha fúnebre en memoria da última vítima mortal da represión.
Xa está en marcha a manifestación en defensa do dereito ao aborto. Toda a información esta tarde en Praza.
A admisión de peticións de arbitraxe para preferentes finaliza este luns e comezará o proceso de canxe coa anunciada quita, próxima ao 60% do valor destes produtos.
Veñen de rematar as manifestacións convocadas por UGT e CCOO en defensa do emprego, a protección social e por unha Europa máis democrática. Milleiros de persoas participaron nas marchas, segundo as centrais. CCOO e UGT esíxenlle a Mariano Rajoy que no cumio europeo dos días 27 e 28 deste mes defenda políticas alternativas, "que as hai". Na imaxe, a manifestación de Ourense
CC.OO. e UGT maniféstanse este domingo por unha Europa máis social e democrática, nunha convocatoria que inclúe mobilizacións en todo o continente. As marchas comezarán ás 11.30 en Pontevedra e ás 12 horas na Coruña, Vigo, Ferrol, Compostela, Burela, Ourense e Vilagarcía.
Este luns estará en Galicia Federico Mayor Zaragoza, ex-director xeral da UNESCO e presidente da Fundación Cultura de Paz. Pola mañá estará na Facultade de Humanidades de Lugo e pola tarde en Compostela, nos Luns do Ateneo, na Fundación Caixa Galicia.
Luis Polo, director xeral da Asociación Empresarial Eólica, salienta que "Galicia deixou de ser un exemplo de desenvolvemento do sector eólico". A Asociación distinguiu o Concello de Xermade co premio Eolo á integración rural eólica
O desaloxo da praza Taksim ordenado por Erdogan provoca medio cento de feridos. Este domingo hai convocadas marchas a favor e en contra do presidente turco.