Este luns estará en Galicia Federico Mayor Zaragoza, ex-director xeral da UNESCO e presidente da Fundación Cultura de Paz. Pola mañá estará na Facultade de Humanidades de Lugo e pola tarde en Compostela, nos Luns do Ateneo, na Fundación Caixa Galicia.
Fálase
Luis Polo, director xeral da Asociación Empresarial Eólica, salienta que "Galicia deixou de ser un exemplo de desenvolvemento do sector eólico". A Asociación distinguiu o Concello de Xermade co premio Eolo á integración rural eólica
O desaloxo da praza Taksim ordenado por Erdogan provoca medio cento de feridos. Este domingo hai convocadas marchas a favor e en contra do presidente turco.
O Liceo gaña a Liga de hockey nun frenético final da última xornada, na que derrotou 3-4 o Lleida nos últimos instantes cun gol de Josep Lamas. Había 20 anos que os coruñeses non gañaban esta competición.
Compostela acolleu a primeira xornada do I Congreso de Equo Galicia. Pola mañá interveu o coportavoz federal de Equo, Juan López de Uralde, e tamén os deputados de AGE Juan Fajardo e Antón Sánchez. Tamén houbo laboratorios de ideas e presentacións. O domingo os militantes da formacion debaterán sobre a forma de organizarse de cara ás eleccións europeas.
Erdogan anuncia, cun baño de masas, que este domingo desaloxará a acampada do parque de Gezi e ameaza con que se os manifestantes non marchan voluntariamente "as forzas de seguridade saberán como desaloxalo"
Milleiros de afectados polas preferentes maniféstanse en Ourense e piden a devolución dos seus aforros. Varios participantes na marcha afirman que durante a manifestación recibiron chamadas confirmándolles que a súa petición de arbitraxe fora aceptada.
Dúas sondaxes certifican o ascenso de Syriza en Grecia. A fronte de esquerdas superaría os conservadores de Nova Democracia e os neonazis de Amencer Dourado consolídanse como terceira forza por riba do Pasok.
A Vía Campesiña chega aos 20 anos de loita pola soberanía alimentaria e celebra a súa VI Conferencia Internacional en Xacarta. Tom Kucharz, membro de Ecologistas en Acción, fai un repaso pola súa historia.
O PSdeG de Lugo denuncia o “colapso total” do HULA, en especial do servizo de urxencias, e censura a “falta de previsión” da Xunta co Arde Lucus