Compostela acolleu a primeira xornada do I Congreso de Equo Galicia. Pola mañá interveu o coportavoz federal de Equo, Juan López de Uralde, e tamén os deputados de AGE Juan Fajardo e Antón Sánchez. Tamén houbo laboratorios de ideas e presentacións. O domingo os militantes da formacion debaterán sobre a forma de organizarse de cara ás eleccións europeas.
