A ICANN comunicou este venres a aprobación da candidatura do dominio .gal. O presidente da Asociación puntoGAL, Manuel González González, presentará os detalles deste logro en rolda de prensa a partir das 12 horas. Poucas horas logo de coñecerse a noticia, a Xunta comezou a promocionar en Twitter o hashtag #galiciapuntoes. Toda a información, en Praza.
Fálase
Tomás Gómez asina a paz con Rubalcaba a cambio de repetir como candidato por Madrid. Gómez abandonará a súa ofensiva para precipitar as primarias e anticipar o relevo de Rubalcaba
O Consorcio Internacional de Xornalistas de Investigación (ICIJ) publica este sábado a meirande base de datos con información sobre contas en paraísos fiscais. Permitiralles a todos los cidadáns revisar os rexistros de máis de 100.000 sociedades ou trusts domiciliados nas Illas Virxes, Caimán, Cook ou Singapur.
O PP seguiu contratando a axencia de publicidade Swat despois de saberse que o Goberno de Esperanza Aguirre pagara, pouco antes das eleccións de 2007, tres millóns de euros por campañas publicitarias que nunca se levaron a cabo. Feijóo contratouna en 2009 para labores de asesoramento por 61.245 euros.
Galicia terá o seu propio dominio en Internet, o .gal. A asociación Puntogal vén de confirmar a aprobación, que detallará mañá nunha rolda de prensa en Santiago.
Dimite o conselleiro delegado de Navantia dous días despois da folga xeral de Ferrol. En El Correo Gallego
A marcha convocada en Madrid polo colectivo Carta por la Ciencia en protesta polos recortes en I+D+i converteuse, con ao redor de 5 mil manifestantes, na meirande mobilización de científicos en España.
Unha nova conta revela que Bárcenas acumulou 47 millóns de euros en Suíza. En El Diario
O PPdeG asegura que é "falso" que o partido contratase con empresas da Gürtel cando Feijóo xa era o seu presidente
Este venres publícase no DOG a oferta de FP para o vindeiro curso sen ter emitido o Consello Galego de Formación Profesional o preceptivo informe sobre esta. CCOO-Ensino denuncia que a Consellaría de Educacíon "continúa desprezando os organos de participación dos axentes sociais".