Galicia terá o seu propio dominio en Internet, o .gal. A asociación Puntogal vén de confirmar a aprobación, que detallará mañá nunha rolda de prensa en Santiago.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/51bb5e5ff3583-imx-cab01.jpg)
Galicia terá o seu propio dominio en Internet, o .gal. A asociación Puntogal vén de confirmar a aprobación, que detallará mañá nunha rolda de prensa en Santiago.
Dimite o conselleiro delegado de Navantia dous días despois da folga xeral de Ferrol. En El Correo Gallego
A marcha convocada en Madrid polo colectivo Carta por la Ciencia en protesta polos recortes en I+D+i converteuse, con ao redor de 5 mil manifestantes, na meirande mobilización de científicos en España.
Unha nova conta revela que Bárcenas acumulou 47 millóns de euros en Suíza. En El Diario
O PPdeG asegura que é "falso" que o partido contratase con empresas da Gürtel cando Feijóo xa era o seu presidente
Este venres publícase no DOG a oferta de FP para o vindeiro curso sen ter emitido o Consello Galego de Formación Profesional o preceptivo informe sobre esta. CCOO-Ensino denuncia que a Consellaría de Educacíon "continúa desprezando os organos de participación dos axentes sociais".
A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) organiza unha mesa redonda sobre a situación actual da ilustración en Galicia. Será o día 22 de xuño, ás 10:30, na Fundación Novacaixagalicia de Compostela e nela participarán Manel Cráneo, Marina Seoane, David Pintor, José Domingo e Yago García.
Almunia péchalle a porta ao dique flotante para Navantia Fene, segundo avanza Faro de Vigo
A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, trasladaralle o xoves 20 a Wert as propostas da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público para modificar a LOMCE.
Investigadores e investigadoras protestan a esta hora na Praza do Obradoiro de Compostela en protesta pola "situación desesperada" das súas condicións laborais e académicas e do I+D a causa dos recortes