Almunia péchalle a porta ao dique flotante para Navantia Fene, segundo avanza Faro de Vigo
Fálase
A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, trasladaralle o xoves 20 a Wert as propostas da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público para modificar a LOMCE.
Investigadores e investigadoras protestan a esta hora na Praza do Obradoiro de Compostela en protesta pola "situación desesperada" das súas condicións laborais e académicas e do I+D a causa dos recortes
Hoxe constitúese a xestora do novo concello Oza-Cesuras. Será un plenario no que sentarán PP, PSdeG e independentes. A representación do BNG fican fóra.
El Plural asegura que o PP galego contratou con empresas da Gürtel cando Feijóo xa era presidente da formación.
Estudantes do IES de A Guarda, campións do certame de modelado 3D con teléfono móbil. O campionato foi organizado polo grupo de investigación da USC Uscan3D en colaboración coa FECYT.
Santos M. Ruesga, o único membro do comité de expertos que votou en contra do informe sobre a reforma das pensións, explica a súa posición a través de Economistas Frente a la Crisis. Afirma que "non hai razóns económicas para pensar que os desequilibrios coxunturais da Seguridade Social española requiran novas reformas" e chama a incrementar os ingresos.
O Goberno turco recúa e asegura que non urbanizará o parque Gezi de Estambul até que os tribunais decidan sobre a paralización da obra. Tamén engade que investigará a violencia policial exercida contra as protestas.
EE UU anuncia oficialmente que axudará os rebeldes sirios e denuncia o uso de armas químicas por parte do goberno de El Asad.
O descenso dos prezos da vivenda acelérase tras a retirada das vantaxes fiscais. A caida do 6,6% o último trimestre leva a caida acumulada dende 2007 ao 36%