Santos M. Ruesga, o único membro do comité de expertos que votou en contra do informe sobre a reforma das pensións, explica a súa posición a través de Economistas Frente a la Crisis. Afirma que "non hai razóns económicas para pensar que os desequilibrios coxunturais da Seguridade Social española requiran novas reformas" e chama a incrementar os ingresos.
Fálase
O Goberno turco recúa e asegura que non urbanizará o parque Gezi de Estambul até que os tribunais decidan sobre a paralización da obra. Tamén engade que investigará a violencia policial exercida contra as protestas.
EE UU anuncia oficialmente que axudará os rebeldes sirios e denuncia o uso de armas químicas por parte do goberno de El Asad.
O descenso dos prezos da vivenda acelérase tras a retirada das vantaxes fiscais. A caida do 6,6% o último trimestre leva a caida acumulada dende 2007 ao 36%
Morre o actor Xosé Manuel Olveira Pico aos 58 anos de idade.
Desaloxan unha acampada de parados en Vallecas. Os acampados revindicaban un "traballo digno e con dereitos"
Un estudo publicado no British Medical Journal conclúe que os recortes sanitarios no Estado español poñen vidas en risco.
Erdogan ameaza os manifestantes e afirma que se lle está "acabando a paciencia". Anuncia que ignorará calquera decisión que o Parlamento Europeo tome sobre o conflito turco.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público organiza actos comarcais contra a LOMCE este xoves 13 de xuño. As concentracións comezarán a partir das 19.30 horas.
#consellodaxunta Feijóo insite en que a xestión de Navantia é "pésima" e equipáraa á "dos gobernos de antes" pero evita reclamar o relevo do presidente da empresa pública