EE UU anuncia oficialmente que axudará os rebeldes sirios e denuncia o uso de armas químicas por parte do goberno de El Asad.
Fálase
O descenso dos prezos da vivenda acelérase tras a retirada das vantaxes fiscais. A caida do 6,6% o último trimestre leva a caida acumulada dende 2007 ao 36%
Morre o actor Xosé Manuel Olveira Pico aos 58 anos de idade.
Desaloxan unha acampada de parados en Vallecas. Os acampados revindicaban un "traballo digno e con dereitos"
Un estudo publicado no British Medical Journal conclúe que os recortes sanitarios no Estado español poñen vidas en risco.
Erdogan ameaza os manifestantes e afirma que se lle está "acabando a paciencia". Anuncia que ignorará calquera decisión que o Parlamento Europeo tome sobre o conflito turco.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público organiza actos comarcais contra a LOMCE este xoves 13 de xuño. As concentracións comezarán a partir das 19.30 horas.
#consellodaxunta Feijóo insite en que a xestión de Navantia é "pésima" e equipáraa á "dos gobernos de antes" pero evita reclamar o relevo do presidente da empresa pública
#consellodaxunta Feijóo responde á folga de Ferrol asegurando non ser "partidario" deste "tipo de protestas" porque "non arranxan os problemas" e "traballar é fundamental para solucionar os problemas". Di "coincidir nas razóns que inspiraron a protesta" pero declárase sorprendido de que non se celebrase antes, co goberno do PSOE.
#consellodaxunta A Xunta subvencionará a matrícula en masters universitarios a persoas en desemprego. Será só para "determinados másters, nos que hai unha demanda dende o punto de vista do mercado laboral", di Feijóo.