Morre o actor Xosé Manuel Olveira Pico aos 58 anos de idade.

Morre o actor Xosé Manuel Olveira Pico aos 58 anos de idade.
Desaloxan unha acampada de parados en Vallecas. Os acampados revindicaban un "traballo digno e con dereitos"
Un estudo publicado no British Medical Journal conclúe que os recortes sanitarios no Estado español poñen vidas en risco.
Erdogan ameaza os manifestantes e afirma que se lle está "acabando a paciencia". Anuncia que ignorará calquera decisión que o Parlamento Europeo tome sobre o conflito turco.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público organiza actos comarcais contra a LOMCE este xoves 13 de xuño. As concentracións comezarán a partir das 19.30 horas.
#consellodaxunta Feijóo insite en que a xestión de Navantia é "pésima" e equipáraa á "dos gobernos de antes" pero evita reclamar o relevo do presidente da empresa pública
#consellodaxunta Feijóo responde á folga de Ferrol asegurando non ser "partidario" deste "tipo de protestas" porque "non arranxan os problemas" e "traballar é fundamental para solucionar os problemas". Di "coincidir nas razóns que inspiraron a protesta" pero declárase sorprendido de que non se celebrase antes, co goberno do PSOE.
#consellodaxunta A Xunta subvencionará a matrícula en masters universitarios a persoas en desemprego. Será só para "determinados másters, nos que hai unha demanda dende o punto de vista do mercado laboral", di Feijóo.
#consellodaxunta Feijóo di que os doutoramentos se centralizarán nunha única escola de cada universidade.
#consellodaxunta Feijóo márcase o obxectivo de "derrogar 86 leis" esta lexislatura. Na pasada lexislatura gran parte da produción lexislativa centrouse en modificar normas anteriores