A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) organiza unha mesa redonda sobre a situación actual da ilustración en Galicia. Será o día 22 de xuño, ás 10:30, na Fundación Novacaixagalicia de Compostela e nela participarán Manel Cráneo, Marina Seoane, David Pintor, José Domingo e Yago García.
