A marcha convocada en Madrid polo colectivo Carta por la Ciencia en protesta polos recortes en I+D+i converteuse, con ao redor de 5 mil manifestantes, na meirande mobilización de científicos en España.

A marcha convocada en Madrid polo colectivo Carta por la Ciencia en protesta polos recortes en I+D+i converteuse, con ao redor de 5 mil manifestantes, na meirande mobilización de científicos en España.
Unha nova conta revela que Bárcenas acumulou 47 millóns de euros en Suíza. En El Diario
O PPdeG asegura que é "falso" que o partido contratase con empresas da Gürtel cando Feijóo xa era o seu presidente
Este venres publícase no DOG a oferta de FP para o vindeiro curso sen ter emitido o Consello Galego de Formación Profesional o preceptivo informe sobre esta. CCOO-Ensino denuncia que a Consellaría de Educacíon "continúa desprezando os organos de participación dos axentes sociais".
A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) organiza unha mesa redonda sobre a situación actual da ilustración en Galicia. Será o día 22 de xuño, ás 10:30, na Fundación Novacaixagalicia de Compostela e nela participarán Manel Cráneo, Marina Seoane, David Pintor, José Domingo e Yago García.
Almunia péchalle a porta ao dique flotante para Navantia Fene, segundo avanza Faro de Vigo
A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, trasladaralle o xoves 20 a Wert as propostas da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público para modificar a LOMCE.
Investigadores e investigadoras protestan a esta hora na Praza do Obradoiro de Compostela en protesta pola "situación desesperada" das súas condicións laborais e académicas e do I+D a causa dos recortes
Hoxe constitúese a xestora do novo concello Oza-Cesuras. Será un plenario no que sentarán PP, PSdeG e independentes. A representación do BNG fican fóra.
El Plural asegura que o PP galego contratou con empresas da Gürtel cando Feijóo xa era presidente da formación.