Esta tarde a organización xuvenil Isca! clausurou en Compostela a súa IV Asemblea Nacional, celebrada baixo o lema Semente de revolución. Nela apostaron "pola vixencia e a necesidade dunha fronte ampla, unitaria e plural do nacionalismo de esquerda como a que o BNG representa".