Máis da metade dos pacientes operados no Sergas xa son enviados a casa o mesmo día. As intervencións sen hospitalización superan por primeira vez ás que requiren ingreso.
Fálase
Jove impulsa unha urbanización con case 700 casas e campo de golf en Oleiros. O Concello aproba mañá un proxecto que leva dez anos preparándose.
O xuíz Castro encara o final do caso Nóos convencido de que sentará a infanta no banco dos acusados. O maxistrado podería sinalar a Cristina de Borbón como cómplice do delito fiscal do seu marido.
O Deportivo cae goleado na casa ante a Ponferradina (0-3) nun mal partido dos coruñeses. O Lugo perde tamén en Gijón ante o Sporting (2-0).
A Mesa celebrou esta mañá a súa asemblea xeral na Coruña, na que se elixiu a Marcos Maceira como novo presidente logo da renuncia de Carlos Callón. Imaxe de @onosolar.
O BNG conmemora a loita dos mártires de Carral. "Segue igual de vixente ante un PP que lamina o noso autogoberno", di o seu voceiro nacional, Xavier Vence, ante o monumento que lembra aos fusilados hai 168 anos.
A asemblea nacional da Columna Galega das Marchas da Dignidade celébrase en Teo desde as 10 da mañá. Máis de 30 colectivos están representados neste encontro. Imaxe de @frentepg.
Un xuíz ratifica que Aznar cobrou sobresoldos do PP e non xustificou o seu finiquito. "Os datos extráense da contabilidade oficial do partido", aclara a sentenza.
O Breogán perde o primeiro partido de semifinais dos play-off de ascenso á ACB. O equipo lucense deu a cara en Burgos pero caeu (68-64) malia ter opcións até o final do partido.
O atasco xudicial deixa sen paro a galegos con dereito a prestación. Unha muller cuxo despido foi declarado nulo polo Supremo leva catro anos agardando o subsidio.