Javier Garcia Echegaray analiza en Politikon posibles causas da elevada temporalidade no mercado laboral español, a segunda máis alta de toda a UE, só detrás de Polonia
Fálase
O rei recibirá por separado a En Marea, En Comú Podem, Es el moment e Podemos no marco da rolda de consultas para a formación de goberno. Alexandra Fernández e Antón Gómez-Reino acudirán ao Palacio de La Zarzuela o vindeiro mércores, día 20, segundo indica a axenda do xefe do Estado.
O PP galego considera "lo Mas" que "Besteiro consintiera que un senador del @PSdeG completara el grupo de los independentistas catalanes". O chío refírese á integración temporal de Ricardo Varela no grupo de Democràcia i Llibertat no Senado.
O BNG xunta mañá o seu Consello Nacional para aprobar o calendario da súa Asemblea Nacional, que se celebrará o vindeiro 28 de febreiro. Sobre a mesa, indica a formación, estará a renovación da dirección e a "estratexia política" para as eleccións galegas. A información, este sábado en Praza.
A Audiencia de Madrid reabre a causa pola destrución dos ordenadores de Bárcenas na sede do PP. Cóntao eldiario.es
A Xunta obrigará a banca a declarar as vivendas baleiras para poder usalas. O Goberno galego creará un censo con estes inmobles para concellos de máis de 10.000 habitantes e haberá sancións de 3.000 euros para os que non se censen
PP e PSOE presionan a AGE e BNG para que acepten modificar o artigo 144 do proxecto da nova Lei do Solo, como fórmula para acelerar unha serie de actuacións urbanísticas en Vigo, bloqueadas trala anulación do PXOM da cidade. A emenda necesita do apoio de todos os grupos, pero AGE e BNG xa manifestaron publicamente a súa oposición.
A asemblea xeral da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) decidirá este venres o novo presidente da entidade, entre José Manuel Pérez Canal e Antonio Dieter Moure, nunha elección que se prevé axustada.
Puigdemont ve maioría suficiente para iniciar o proceso pero ábrese a revisar os prazos e admite que non existe forza suficiente para unha decisión unilateral. Di que buscará aprobar os orzamentos coa CUP ou con outros grupos
ERC terá grupo propio no Senado ao prestarlle o PSOE dous parlamentarios temporalmente