Unha enquisa de Canal Sur á saída dos colexios dálle entre 52 e 55 deputados ao PP, 45-48 ao PSOE e 8-10 a IU. A maioría absoluta está en 55.
Fálase
Moi baixa participación nas eleccións en Asturias e Andalucía. Ás seis da tarde só votara o 47,12% dos andaluces, doce puntos menos que hai catro anos. En Asturias a abstención crece oito puntos e medio con respecto ao ano pasado: ás seis votara o 42,7%.
O boletín da CIG-Autonómica de marzo lembra o pasado sindicalista de Alberto Núñez Feijoo, delegado de AFICA (Agrupación de Funcionarios Interinos e Contratados Administrativos) e salienta "Acude á folga xeral o 29M, Feijoo tamén iría". Descarga aquí a edición especial do boletín.
Olaia Fernández Davila, deputada do BNG no Congreso, animou hoxe a participar na folga xeral do próximo día 29 “porque temos que parar esta nefasta reforma laboral e as políticas antisociais do PP”
O escritor italiano Antonio Tabucchi morre en Lisboa aos 68 anos. O autor de Afirma Pereira sufría un cancro.
Dispárase a abstención en Andalucía e Asturias. Ás dúas da tarde a participación en Andalucía é do 29,28%, case dez puntos menos que nas eleccións de 2008. Es Asturias, a situación é semellante, ás dúas votara o 26,63% del censo, case oito puntos e medio menos que en maio de 2011.
A dirección de informativos da TVG pediulle a Lorena Pose, presentadora de A Revista fin de semana, que non utilizase a gheada "porque moita xente non se identifica con esa variante e comentáronme que podía ser molesto", segundo declara a xornalista. Máis información en El País
Causa Galiza celebra este domingo o seu Plenario Nacional. Ao longo da tarde teredes información en Praza.
Ás seis da tarde celebraranse concentracións contra o maltrato animal na Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Pontevedra e Ourense, apoiadas pola Asociación Animalista Libera, a plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas e o colectivo Mozos pola Abolición.
O guardés Xurxo Chirro foi o vencedor da sección oficial do Play-Doc, Festival Internacional de Documentais de Tui. Carlos Muguiro, presidente do xurado internacional, salientou que en Vikingland: “Queremos premiar unha película que crea profundas reverberacións emocionais entre o protagonista e o cineasta, nun intervalo de 20 anos e nun sorprendente acto de xenerosidade”. Ao longo da mañá poderedes ler unha completa crónica do festival en Praza.