Polo demais, escasos incidentes na xornada electoral en Galicia. En Monforte unha muller foi detida por negarse a presidir unha mesa electoral, alegando que lle pagaban moi pouco. De igual xeito, en Cambre un home foi detido por tentar votar dúas veces, primeiro co seu DNI e despois co dun amigo que agardaba por el no exterior.
Fálase
Novas acusacións de carretaxe. Ademais do xa sinalado caso de Pontedeume, denuniáronse algúns episodios na provincia de Ourense, por exemplo no Carballiño, onde o PSdeG-PSOE acusou o PP de repartir propaganda en plena xornada electoral, ou en Nogueira de Ramuín e en Rairo, onde os socialistas sinalan que militantes populares acompañaron anciáns a votar. Tamén se sinalan dous casos máis de carretaxe na cidade de Lugo.
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, criticou a "carretaxe" de votos nas eleccións municipais, unha práctica "que nos denigra a todos", en referencia ao caso de Pontedeume, sinalado pola súa formación.
A Coruña celebrou a permanencia do Deportivo, nunha noite de moito sufrimento que, ao final tivo a súa recompensa, como recolle esta reportaxe de La Opinión.
Comeza a xornada electoral en Galicia, de momento sen incidencias. Dende as nove da mañá están abertos os colexios e as urnas. A partir das oito da tarde coñeceremos o reparto de forzas nos Concellos para os vindeiros catro anos.
O Dépor mantén a categoría, con moito sufrimento, grazas ao empate acadado ante o Barça (2-2). Os branquiazuis chegaron a ter moi difícil a salvación, pola vitoria do Eibar e perdendo 2-0 en Barcelona. Porén, os goles de Lucas (67') Salomão (76') valen un ano máis en Primeira.
O Rácing de Ferrol ponse con vantaxe na primeira eliminatoria do playoff de ascenso a Segunda División. O equipo verde derrotou o Reus (1-0), con gol de Nano. O domingo que vén xogarase o partido de volta.
Irlanda aproba a legalización do matrimonio entre persoas do mesmo sexo. As primeiras estimacións e resultados provisionais amosan unha vitoria do si no referendo con ao redor do 60% dos votos.
O PSdeG-PSOE insta a Xunta a habilitar "xa" a vacina da meninxite. A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, pídelle a Núñez Feijoo que "deixe de bailar co Ministerio"
Decenas de organizacións feministas e persoas do mundo da universidade, dos movementos sociais e da política asinan o manifesto Ningunha muller nace para puta, que destaca que "a prostitución é fundamental para o novo capitalismo, pois mercantiliza os corpos das mulleres" e que "reproduce e realimenta a desigualdade entre homes e mulleres”.