Comeza a xornada electoral en Galicia, de momento sen incidencias. Dende as nove da mañá están abertos os colexios e as urnas. A partir das oito da tarde coñeceremos o reparto de forzas nos Concellos para os vindeiros catro anos.

Comeza a xornada electoral en Galicia, de momento sen incidencias. Dende as nove da mañá están abertos os colexios e as urnas. A partir das oito da tarde coñeceremos o reparto de forzas nos Concellos para os vindeiros catro anos.
O Dépor mantén a categoría, con moito sufrimento, grazas ao empate acadado ante o Barça (2-2). Os branquiazuis chegaron a ter moi difícil a salvación, pola vitoria do Eibar e perdendo 2-0 en Barcelona. Porén, os goles de Lucas (67') Salomão (76') valen un ano máis en Primeira.
O Rácing de Ferrol ponse con vantaxe na primeira eliminatoria do playoff de ascenso a Segunda División. O equipo verde derrotou o Reus (1-0), con gol de Nano. O domingo que vén xogarase o partido de volta.
Irlanda aproba a legalización do matrimonio entre persoas do mesmo sexo. As primeiras estimacións e resultados provisionais amosan unha vitoria do si no referendo con ao redor do 60% dos votos.
O PSdeG-PSOE insta a Xunta a habilitar "xa" a vacina da meninxite. A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, pídelle a Núñez Feijoo que "deixe de bailar co Ministerio"
Decenas de organizacións feministas e persoas do mundo da universidade, dos movementos sociais e da política asinan o manifesto Ningunha muller nace para puta, que destaca que "a prostitución é fundamental para o novo capitalismo, pois mercantiliza os corpos das mulleres" e que "reproduce e realimenta a desigualdade entre homes e mulleres”.
A sondaxe diaria que publica El Periòdic d'Andorra sobre as eleccións en Barcelona, ante a imposibilidade legal de facelo dende o territorio español, e que difunde El Periódico de Catalunya, amosa este sábado un empate entre Xavier Trias (CiU) e Ada Cola (BeC), que acadarían entre 10 e 11 edís. PSC e PP loitarían pola terceira praza, con cinco concelleiros, por diante de ERC (4), C'S (3-4) e CUP (2-3).
As dez filiais de Pescanova en concurso evitan a liquidación. A compañía salva 1.190 empregos e ten vía libre para a refundación da sociedade en setembro
O presidente de Barreras, José García Costas, advirte de que pequenos encargos para Pemex poderían estar en “perigo” por falta de espazos para facelos.
El Diario publica en exclusiva que Esperanza Aguirre e o seu home ingresaron un cheque de cinco millóns de euros cando ela era presidenta. Aguirre quixouse dos seus reducidos ingresos cando presidía a Comunidade de Madrid: "Non é que faga números a final de mes; é que moitas veces non chego".