As dez filiais de Pescanova en concurso evitan a liquidación. A compañía salva 1.190 empregos e ten vía libre para a refundación da sociedade en setembro

As dez filiais de Pescanova en concurso evitan a liquidación. A compañía salva 1.190 empregos e ten vía libre para a refundación da sociedade en setembro
O presidente de Barreras, José García Costas, advirte de que pequenos encargos para Pemex poderían estar en “perigo” por falta de espazos para facelos.
El Diario publica en exclusiva que Esperanza Aguirre e o seu home ingresaron un cheque de cinco millóns de euros cando ela era presidenta. Aguirre quixouse dos seus reducidos ingresos cando presidía a Comunidade de Madrid: "Non é que faga números a final de mes; é que moitas veces non chego".
O Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense atende unha demanda do Concello de Piñor contra a suba do canon de Sogama e elevará o caso ao Tribunal Constitucional, ao considerar que o incremento aprobado pola Xunta é inconstitucional. Isto podería paralizar os procesos abertos aos concellos que se negaron a pagar.
O Ourense Baloncesto derrota con autoridade ao Breogán (83-52) no primeiro partido dos play-off de ascenso á ACB. O domingo xogarase o segundo partido, tamén na cidade das Burgas
Unha ducia de cidadáns portugueses figuran censados nunha vivenda do alcalde de Oímbra, concello de apenas 1.000 habitantes que incrementou un 14% o seu censo con estranxeiros. Cóntao El País Galicia
#derbidoMiño Ourense e Breogán comezan ás 21:00 a xogar o final polo ascenso á liga ACB de baloncesto no Pazo Paco Paz
Un total de 28.936 persoas votaron por correo en Galicia, segundo datos de Correos dos que informa Europa Press. Son 334 votos postais máis que nas municipais 2011 e o dato aínda pode variar un chisco, porque cando se rexistrou a información aínda había votos en tránsito.
Irlanda vota hoxe en referendo se legaliza o matrimonio entre persoas do mesmo sexo. O Irish Times está a seguir a xornada ao vivo.
Eldiario.es lanza unha aplicación para facer prognósticos sobre as eleccións do domingo. A porra do 24-M