O Ourense Baloncesto derrota con autoridade ao Breogán (83-52) no primeiro partido dos play-off de ascenso á ACB. O domingo xogarase o segundo partido, tamén na cidade das Burgas

O Ourense Baloncesto derrota con autoridade ao Breogán (83-52) no primeiro partido dos play-off de ascenso á ACB. O domingo xogarase o segundo partido, tamén na cidade das Burgas
Unha ducia de cidadáns portugueses figuran censados nunha vivenda do alcalde de Oímbra, concello de apenas 1.000 habitantes que incrementou un 14% o seu censo con estranxeiros. Cóntao El País Galicia
#derbidoMiño Ourense e Breogán comezan ás 21:00 a xogar o final polo ascenso á liga ACB de baloncesto no Pazo Paco Paz
Un total de 28.936 persoas votaron por correo en Galicia, segundo datos de Correos dos que informa Europa Press. Son 334 votos postais máis que nas municipais 2011 e o dato aínda pode variar un chisco, porque cando se rexistrou a información aínda había votos en tránsito.
Irlanda vota hoxe en referendo se legaliza o matrimonio entre persoas do mesmo sexo. O Irish Times está a seguir a xornada ao vivo.
Eldiario.es lanza unha aplicación para facer prognósticos sobre as eleccións do domingo. A porra do 24-M
Feijóo apela "aos que votaron a Bugallo, Estévez e Paco Vázquez" para que eviten que gobernen Compostela Aberta e a Marea Atlántica en Santiago e na Coruña. Afírmao nunha entrevista en El Correo Gallego
O candidato de Democracia Ourensana di que acusalo de pactar co PP é como dicir que a candidata do BNG "é prostituta". Espetouno no debate electoral organizado por La Región.
O BNG reivindica o seu traballo "a pé de rúa" na Coruña e defende a súa opción fronte ao PP e "conglomerados conxunturais". O xornal La Opinión asegura que Negreira lle negou a entrevista electoral, a primeira vez que un candidato o fai no xornal.
O Supremo anula o ditame absolutorio no caso das multas en Lugo. Ordena repetir a deliberación e considera válidas as probas anuladas contra os 23 acusados.