O BNG reivindica o seu traballo "a pé de rúa" na Coruña e defende a súa opción fronte ao PP e "conglomerados conxunturais". O xornal La Opinión asegura que Negreira lle negou a entrevista electoral, a primeira vez que un candidato o fai no xornal.

O BNG reivindica o seu traballo "a pé de rúa" na Coruña e defende a súa opción fronte ao PP e "conglomerados conxunturais". O xornal La Opinión asegura que Negreira lle negou a entrevista electoral, a primeira vez que un candidato o fai no xornal.
O Supremo anula o ditame absolutorio no caso das multas en Lugo. Ordena repetir a deliberación e considera válidas as probas anuladas contra os 23 acusados.
A policía recibe con "estupefacción" a posta en liberdade dos acusados do asasinato de Jimmy. Insiste en que a vítima que se ve nas imaxes é o afeccionado deportivista logo de que un novo xuíz soltase os ultras do Atlético ao interpretar que o home dos vídeos non é el.
Facenda investiga as axudas e subvencións de milleiros de galegos para que tributen. Os cidadáns que non declaren estas achegas serán multados tras esta nova ofensiva contra a fraude fiscal.
Pescanova camiña cara á salvación de todas as súas filiais co apoio da banca internacional. Desaparece así o risco de quebra das empresas logo do acordo aceptado polos acredores.
O xuízo polas millonarias indemnizacións na caixa galega vólvese atrasar. A vista na Audiencia Nacional comezará o vindeiro 8 de xuño.
Ás 20:30 comeza en Lugo a manifestación polos servizos no hospital Lucus Augusti baixo o lema #quenoncheroubenocorazón
O escritor Manuel Rivas apoia a Marea Atlántica no peche de campaña mañá na Ribeira do Cómaro, onde a plataforma realizou o seu primeiro acto público hai case un ano. O candidato Xulio Ferreiro, que hoxe mantivo un encontro con Martiño Noriega en Compostela, visitará os quince barrios da cidade durante a última xornada para pedir o voto.
Liberdade para os catro ultras acusados do asasinato de Jimmy, o afeccionado do Deportivo que foi agredido por membros do Frente Atlético, segundo adianta Estrella Digital.
Hoxe remata o prazo para votar por correo nas municipais do domingo. As instrucións, na web de Correos