Pescanova camiña cara á salvación de todas as súas filiais co apoio da banca internacional. Desaparece así o risco de quebra das empresas logo do acordo aceptado polos acredores.
Fálase
O xuízo polas millonarias indemnizacións na caixa galega vólvese atrasar. A vista na Audiencia Nacional comezará o vindeiro 8 de xuño.
Ás 20:30 comeza en Lugo a manifestación polos servizos no hospital Lucus Augusti baixo o lema #quenoncheroubenocorazón
O escritor Manuel Rivas apoia a Marea Atlántica no peche de campaña mañá na Ribeira do Cómaro, onde a plataforma realizou o seu primeiro acto público hai case un ano. O candidato Xulio Ferreiro, que hoxe mantivo un encontro con Martiño Noriega en Compostela, visitará os quince barrios da cidade durante a última xornada para pedir o voto.
Liberdade para os catro ultras acusados do asasinato de Jimmy, o afeccionado do Deportivo que foi agredido por membros do Frente Atlético, segundo adianta Estrella Digital.
Hoxe remata o prazo para votar por correo nas municipais do domingo. As instrucións, na web de Correos
Lores salienta que a Xunta "tamén se presentou ao premio de Dubái" concedido a Pontevedra polo seu modelo urbano. "Como non llo deron, critícao", di nunha entrevista con Pontevedra Viva
Este serán celébrase en Lugo a manifestación polos servizos de hemodinámica 24 horas, radioterapia e medicina nuclear no Hospital Lucus Augusti, convocada polo colectivo #quenoncheroubenocorazón. A marcha parte ás 20:30 dende a Praza Horta do Seminario.
Albert Rivera: "Non son de dereitas". O líder de Ciudadanos asegura nunha entrevista en eldiario.es que o seu partido "non é muleta do PSOE nin do PP".
A UE detecta en Galicia 41 zonas de baño con augas de insuficiente calidade. O 92% das áreas si superan a calidade esixida.