Albert Rivera: "Non son de dereitas". O líder de Ciudadanos asegura nunha entrevista en eldiario.es que o seu partido "non é muleta do PSOE nin do PP".
Fálase
A UE detecta en Galicia 41 zonas de baño con augas de insuficiente calidade. O 92% das áreas si superan a calidade esixida.
Negreira confirma que será a última vez que se presente a unhas eleccións. O candidato do PP na Coruña cre que "oito anos son suficientes".
José Luis Méndez promove agora hoteis en Canarias e Mallorca. Segundo conta Economía Digital, o ex director xeral de Caixa Galicia faino a través da empresa Promoción Urbanística Integral 2005, da que é cofundador.
Bárcenas solicita ser readmitido no PP en plena campaña electoral. Recólleo El Diario
A plataforma 'Que non cho rouben' presenta arestora a manifestación convocada para mañá en Lugo na que se reclamarán os servizos para o Hospital Lucus Augusti que prometeu a Xunta. #quenoncheroubenocorazón
O Ateneo Ferrolán iniciou unha campaña de crowdfunding para poder pagar a débeda xerada pola mudanza obrigada polas obras de rehabilitación da súa sede, impulsadas polo anterior goberno municipal e que o executivo dirixido por José Manuel Rey Varela (PP) se nega a asumir. Dende entón esta centenaria entidade cultural ten o seu rico patrimonio secuestrado nun polígono industrial
A ministra de Emprego promete tamén postos de Traballo nun mitin do PP en Lugo, no que malia tratarse do interior galego eloxiou o traballo "do mar". En El Progreso
Multiplícanse as marchas de altos cargos no Ministerio de Educación e aumentan as voces que auguran unha inmediata saída de Wert. En El Diario
Besteiro resalta que o máis "radical" son "os recortes" do PP despois de que Feijóo pedise o voto dos simpatizantes do PSdeG nas municipais