Bárcenas solicita ser readmitido no PP en plena campaña electoral. Recólleo El Diario

Bárcenas solicita ser readmitido no PP en plena campaña electoral. Recólleo El Diario
A plataforma 'Que non cho rouben' presenta arestora a manifestación convocada para mañá en Lugo na que se reclamarán os servizos para o Hospital Lucus Augusti que prometeu a Xunta. #quenoncheroubenocorazón
O Ateneo Ferrolán iniciou unha campaña de crowdfunding para poder pagar a débeda xerada pola mudanza obrigada polas obras de rehabilitación da súa sede, impulsadas polo anterior goberno municipal e que o executivo dirixido por José Manuel Rey Varela (PP) se nega a asumir. Dende entón esta centenaria entidade cultural ten o seu rico patrimonio secuestrado nun polígono industrial
A ministra de Emprego promete tamén postos de Traballo nun mitin do PP en Lugo, no que malia tratarse do interior galego eloxiou o traballo "do mar". En El Progreso
Multiplícanse as marchas de altos cargos no Ministerio de Educación e aumentan as voces que auguran unha inmediata saída de Wert. En El Diario
Besteiro resalta que o máis "radical" son "os recortes" do PP despois de que Feijóo pedise o voto dos simpatizantes do PSdeG nas municipais
Detido o líder do grupo Def Con Dos por "enaltecemento do terrorismo". O galego César Strawberry foi un dos detidos na operación desenvolvida esta mañá en varios puntos do Estado.
A instalación (e posterior retirada) dun seto con forma de dinosauro nunha rotonda de Vigo estase a converter nun dos temas máis comentados na xornada nas redes sociais, dando lugar xa a memes e a críticas polo gasto xerado por esta actuación.
Eldiario.es lanza unha páxina para coñecer as biografías dos cabezas de lista das principais cidades e amosar as súas candidaturas e actividade en redes sociais. As candidaturas galegas pódense consultar nesta ligazón
A Garda Civil lanza unha operación contra a apoloxía do terrorismo en redes sociais en Galicia e noutras cinco autonomías.