Este serán celébrase en Lugo a manifestación polos servizos de hemodinámica 24 horas, radioterapia e medicina nuclear no Hospital Lucus Augusti, convocada polo colectivo #quenoncheroubenocorazón. A marcha parte ás 20:30 dende a Praza Horta do Seminario.
