Eldiario.es lanza unha aplicación para facer prognósticos sobre as eleccións do domingo. A porra do 24-M

Eldiario.es lanza unha aplicación para facer prognósticos sobre as eleccións do domingo. A porra do 24-M
Feijóo apela "aos que votaron a Bugallo, Estévez e Paco Vázquez" para que eviten que gobernen Compostela Aberta e a Marea Atlántica en Santiago e na Coruña. Afírmao nunha entrevista en El Correo Gallego
O candidato de Democracia Ourensana di que acusalo de pactar co PP é como dicir que a candidata do BNG "é prostituta". Espetouno no debate electoral organizado por La Región.
O BNG reivindica o seu traballo "a pé de rúa" na Coruña e defende a súa opción fronte ao PP e "conglomerados conxunturais". O xornal La Opinión asegura que Negreira lle negou a entrevista electoral, a primeira vez que un candidato o fai no xornal.
O Supremo anula o ditame absolutorio no caso das multas en Lugo. Ordena repetir a deliberación e considera válidas as probas anuladas contra os 23 acusados.
A policía recibe con "estupefacción" a posta en liberdade dos acusados do asasinato de Jimmy. Insiste en que a vítima que se ve nas imaxes é o afeccionado deportivista logo de que un novo xuíz soltase os ultras do Atlético ao interpretar que o home dos vídeos non é el.
Facenda investiga as axudas e subvencións de milleiros de galegos para que tributen. Os cidadáns que non declaren estas achegas serán multados tras esta nova ofensiva contra a fraude fiscal.
Pescanova camiña cara á salvación de todas as súas filiais co apoio da banca internacional. Desaparece así o risco de quebra das empresas logo do acordo aceptado polos acredores.
O xuízo polas millonarias indemnizacións na caixa galega vólvese atrasar. A vista na Audiencia Nacional comezará o vindeiro 8 de xuño.
Ás 20:30 comeza en Lugo a manifestación polos servizos no hospital Lucus Augusti baixo o lema #quenoncheroubenocorazón