#derbidoMiño Ourense e Breogán comezan ás 21:00 a xogar o final polo ascenso á liga ACB de baloncesto no Pazo Paco Paz

#derbidoMiño Ourense e Breogán comezan ás 21:00 a xogar o final polo ascenso á liga ACB de baloncesto no Pazo Paco Paz
Un total de 28.936 persoas votaron por correo en Galicia, segundo datos de Correos dos que informa Europa Press. Son 334 votos postais máis que nas municipais 2011 e o dato aínda pode variar un chisco, porque cando se rexistrou a información aínda había votos en tránsito.
Irlanda vota hoxe en referendo se legaliza o matrimonio entre persoas do mesmo sexo. O Irish Times está a seguir a xornada ao vivo.
Eldiario.es lanza unha aplicación para facer prognósticos sobre as eleccións do domingo. A porra do 24-M
Feijóo apela "aos que votaron a Bugallo, Estévez e Paco Vázquez" para que eviten que gobernen Compostela Aberta e a Marea Atlántica en Santiago e na Coruña. Afírmao nunha entrevista en El Correo Gallego
O candidato de Democracia Ourensana di que acusalo de pactar co PP é como dicir que a candidata do BNG "é prostituta". Espetouno no debate electoral organizado por La Región.
O BNG reivindica o seu traballo "a pé de rúa" na Coruña e defende a súa opción fronte ao PP e "conglomerados conxunturais". O xornal La Opinión asegura que Negreira lle negou a entrevista electoral, a primeira vez que un candidato o fai no xornal.
O Supremo anula o ditame absolutorio no caso das multas en Lugo. Ordena repetir a deliberación e considera válidas as probas anuladas contra os 23 acusados.
A policía recibe con "estupefacción" a posta en liberdade dos acusados do asasinato de Jimmy. Insiste en que a vítima que se ve nas imaxes é o afeccionado deportivista logo de que un novo xuíz soltase os ultras do Atlético ao interpretar que o home dos vídeos non é el.
Facenda investiga as axudas e subvencións de milleiros de galegos para que tributen. Os cidadáns que non declaren estas achegas serán multados tras esta nova ofensiva contra a fraude fiscal.