O BNG denuncia que a Compañía de Tranvías da Coruña reparte 3 millóns de euros de beneficios entre os seus accionistas despois de recibir 8 millóns en axudas públicas.
Fálase
Gonzalo Cortizo publica en ElDiario.es a súa crónica sobre o adianto electoral, titulada Feijóo, abofeteado por las margaritas: "Feijóo sabe agora que Rajoy prefire quitar urnas do medio; unha vez celebradas as eleccións vascas e galegas, ao de Pontevedra quedaríanlle por diante dous anos sen carteis electorais e sen a presión que iso supón".
CDC acudirá á manifestación independentista do 11 de setembro, convocada pola Assemblea Nacional Catalana. Este martes o Goberno catalán decidirá se participa institucionalmente na marcha, unha posibilidade que xa espertou críticas en populares e socialistas.
El Mundo e La Razón publicaron onte e hoxe senllas enquisas de intención de voto para as eleccións vascas. Unha e outra indican un axustado triunfo do PNV sobre EH-Bildu, cunha gran diferenza sobre PSE e PP que perden deputados. Segundo El Mundo, Urkullu obtería 24-25 deputados (22-25 para La Razón), cun descenso de até oito escanos con respecto a 2009. EH-Bildu podería chegar ao 22 deputados, o PSE descendería até os 17 (14-16 para La Razón) e o PP ficaría en 12, 11-13 para La Razón, que prevé 2 escanos para IU e 1 para UPyD.
As eleccións ao Parlamento galego celebraranse o 21 de outubro, coincidindo coas de Euskadi. Alberto Núñez Feijoo realizará o anuncio oficial ás once e media da mañá, na rolda de prensa posterior a unha reunión extraordinaria do Consello da Xunta. Máis información, nuns minutos en Praza
Núñez Feijoo di que Rajoy lle deu "liberdade" para elixir a data das eleccións. O presidente da Xunta estivo este venres en Madrid, pero asegurou que o anuncio, o que sexa e cando sexa, o fará en Galicia.
Carlos Callón pide axuda no seu blog para escoller a portada do seu próximo libro, Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez (Xerais). Ofrece cinco opcións de cuberta.
A CUT chama á desobediencia civil ante a entrada en vigor, o vindeiro 1 de setembro, da norma que exclúe da atención sanitaria gratuíta as persoas migrantes sen regularizar
Coa reforma da prestación para os parados sen axudas, aprobada hoxe, se a renda total da unidade familiar (pais máis o fillo ou filla) supera os 1.443 euros ao mes (procedan de salarios, subsidios de desemprego ou pensións), o fillo ou filla non tería dereito aos 400 euros.
CC.OO., CIG e UGT concentráronse unidos en todas as cidades galegas contra os recortes e as políticas de austeridade