El Mundo e La Razón publicaron onte e hoxe senllas enquisas de intención de voto para as eleccións vascas. Unha e outra indican un axustado triunfo do PNV sobre EH-Bildu, cunha gran diferenza sobre PSE e PP que perden deputados. Segundo El Mundo, Urkullu obtería 24-25 deputados (22-25 para La Razón), cun descenso de até oito escanos con respecto a 2009. EH-Bildu podería chegar ao 22 deputados, o PSE descendería até os 17 (14-16 para La Razón) e o PP ficaría en 12, 11-13 para La Razón, que prevé 2 escanos para IU e 1 para UPyD.
Fálase
As eleccións ao Parlamento galego celebraranse o 21 de outubro, coincidindo coas de Euskadi. Alberto Núñez Feijoo realizará o anuncio oficial ás once e media da mañá, na rolda de prensa posterior a unha reunión extraordinaria do Consello da Xunta. Máis información, nuns minutos en Praza
Núñez Feijoo di que Rajoy lle deu "liberdade" para elixir a data das eleccións. O presidente da Xunta estivo este venres en Madrid, pero asegurou que o anuncio, o que sexa e cando sexa, o fará en Galicia.
Carlos Callón pide axuda no seu blog para escoller a portada do seu próximo libro, Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez (Xerais). Ofrece cinco opcións de cuberta.
A CUT chama á desobediencia civil ante a entrada en vigor, o vindeiro 1 de setembro, da norma que exclúe da atención sanitaria gratuíta as persoas migrantes sen regularizar
Coa reforma da prestación para os parados sen axudas, aprobada hoxe, se a renda total da unidade familiar (pais máis o fillo ou filla) supera os 1.443 euros ao mes (procedan de salarios, subsidios de desemprego ou pensións), o fillo ou filla non tería dereito aos 400 euros.
CC.OO., CIG e UGT concentráronse unidos en todas as cidades galegas contra os recortes e as políticas de austeridade
Xosé López Orozco, alcalde de Lugo, declarará en outubro como imputado por unha denuncia dun policía. O axente demandu o Concello despois de que o Goberno municipal lle abrise expediente por vulneración de segredo
O PSdeG-PSOE critica que Feijoo, "teña que pedirlle permiso a Rajoy" para convocar as eleccións. Pablo García esíxelle ao presidente da Xunta que actúe en base ao interese dos galegos e non ao interese do seu partido e Xosé López Orozco ínstao a "acabar coa incerteza" e a fixar xa a data dos comicios.
Medio cento de activistas do Colectivo la Trastienda e da Plataforma por la Renta Básica en Extremadura levaron esta mañá catro carros cheos de alimentos básicos dun supermercado de Carrefour en Mérida, co obxectivo de entregarllelos ás familias máis desfavorecidas da cidade. Tamén participaron o deputado de IU Victor Casco e o ex coordinador rexional da coalición Manolo Cañada