Este luns, Wikileaks explicará as súas filtracións en Londres. Nunha nota feita pública, detallan que colaboran con 25 medios de comunicación en todo o mundo, entre eles Público, e propoñen o hastag #gifiles para seguir a información en Twitter. Comunicado de Wikileaks.
Fálase
Wikileaks obtén milleiros de correos electrónicos da Stratfor Global Intelligence, a coñecida como 'CIA na sombra'. Público dá conta da información e extrae dalgúns deses correos que os espías estadounidenses "se burlan de Aznar e das súas ideas".
Na porta da oficina de Nova Galicia Banco no Obelisco da Coruña podía verse esta tarde este cartaz: "Non entrar, os atracadores están dentro, son perigosos, son terroristas"
A AGAPI organiza este martes 28 na Facultade de Xornalismo da USC unha xornada sobre Propiedad intelectual no contexto dixital, coa participación de Xoán Mariño (Mr. Misto), Manuel Cristóbal (Perro Verde), Javier Pedreira 'Wicho' (Microsiervos), Fernando Regueira (Zenit TV)...
O Centro Ágora inaugura o seu ciclo de actividades As tribos urbanas toman A Coruña cunha exposición de Miguel Trillo. Haberá seminarios, concertos (Novedades Carminha), proxección dos mellores videoclips galegos dos últimos trinta anos...
As principais figuras do toreo español puxeron as súas espadas ao servizo da causa fascista en 1936
Vimos de despublicar unha nova, pola primeira vez na breve historia de Praza Pública, debido á súa inexactitude. E como o noso público merece unha explicación, aquí a tedes.
A nova, que trataba da presunta desaparición de Galiza Nova e os Comités para dar lugar a unha nova organización ao estilo do que no seu momento foi ERGA, chegounos a través dunha fonte escrita e fiable, dado que se trataba dunha acta informal das discusións ocorridas no Consello Nacional do BNG celebrado onte. Ademais, a inmensa maioría do seu contido coincidía co expresado na web do propio BNG sobre os acordos da xuntanza. Porén, na acta informal incluíanse algúns puntos que, mesmo que se trataron, foron presentados a título particular por algúns membros do organismo, mais sobre os cales non houbo deliberación nin adopción de acordos. Ao comprobar o malentendido ocorrido e as lóxicas reaccións críticas por parte do público lector, chegamos á resolución de despublicar a nova, para non aumentar o mal que a súa divulgación podería causar.
Somos conscientes de que non houbo ningunha tentativa de utilizarnos como mensaxeiros dunha nova intoxicadora ou imprecisa, polo que non apuntamos o dedo para ninguén. Foi erro noso de interpretación, que asumimos e polo que pedimos fondas e sinceras desculpas, ao tempo que reafirmamos o noso compromiso para estarmos alertas a fin de que erros como este non se repitan. Agradecemos as vosas críticas e tamén a vosa comprensión.
Rematou a xornada na Terceira galega. No partidazo da xornada o Ourense goleou ao Cerceda e róuballe o liderado.
Somozas 4 - Ordes 1
Betanzos 1 - Bergantiños 0
Racing Vilalbés 0 - Racing de Ferrol 2
Dorneda 2 - As Pontes 1
Cerceda 0 - Ourense 3
Cultural Areas 2 - Negreira 0
Lalín 2 - Alondras 0
Pontevedra 0 - Vilalonga 1
Deportivo B 4 - Estradense 1
Xuventú Sanxenxo 1 - Rápido de Bouzas 3O goberno portugués planea nacionalizar as terras sen dono aptas para a explotación agraria e crear un banco de terras para a súa cesión. A información en Público.
A esquerda abertzale pide o desarme de ETA (aínda que non a súa disolución) e o achegamento de presos, e manifesta o seu "pesar" pola "dor engadida" ou o "sentimento de humillación" que a súa posición política con respecto á violencia de ETA lles puido causar ás vítimas. Porén, o conselleiro vasco de Interior, o socialista Rafael Ares, non considera "cribles" as "condolencias". Podes descargar aquí o documento presentado hoxe pola esquerda abertzale.