#PGE Montoro define como "crítica" a situación da economía española para xustificar un axuste "moi duro" nos Presupostos de 2012.
Fálase
#PGE Ademais da luz, a tarifa do gas tamén subirá un 5% a partir do 1 de abril
#PGE Manteranse as pensións, conxelarase o soldo dos funcionarios, e as bolsas de estudo e a prestación por desemprego quedarán tal e como están
#PGE A vicepresidenta Soraya Sáenz de Santamaría anuncia unha suba do imposto de sociedades dentro dun programa de "regularización fiscal".
#PGE Comeza a rolda de prensa tras o Consello de ministros. O Goberno non subirá o IVE. Primeiros recortes: os ministerios terán unha rebaixa media do 16,9%, 27.000 millóns de euros en total.
O Concello de Santiago remite aos medios, cinco minutos antes do seu comezo, a convocatoria dun pleno extraordinario para aprobar un plan de axuste económico. Arrinca ás 14:45.
Os afectados polas participacións preferentes das caixas irrompen nas instalacións da CRTVG. Traballadores presentes na sede dos medios públicos galegos falan de "tres autobuses". (Foto @AlbertoMancebo)
O Cineclube de Compostela lanza un "agasallo", a "reunión dos filmes e personaxes que nos aprenderon, dalgún xeito, a pensar unha folga xeral"
A delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, recibiu este venres os representantes das confrarías relixiosas da cidade e pon o Goberno galego á súa "disposición". No encontro participou o voceiro do PP no Concello lugués, Jaime Castiñeira, en calidade de "parlamentario autonómico", segundo a información oficial.
Galicia creceu un 0,3% en 2011, por debaixo da media estatal (0,7%). Só Estremadura, Andalucía, Ceuta, Melilla, Murcia e Castela-A Mancha medraron menos que a comunidade autónoma, segundo os datos do INE.