O xuíz imputa a Ramoncín polo caso da SGAE. Cítao baseándose nun informe da Garda Civil, segundo El Diario.
Fálase
233grados selecciona dez portadas da prensa impresa que macaron o ano 2012
O Padroado do MARCO decidirá esta tarde que consecuencias ten o recorte orzamentario no museo para o 2013.
Andalucía volverá pedir o rescate autonómico en 2013. Desta vez, solicitará uns 7.000 millóns ao Fondo de Liquidez Autonómica, segundo adianta a Cadena Ser.
A CNT denuncia en Arxentina o xenocidio franquista. Súmase así ás accións emprendidas ante os xulgados arxentinos por diversos colectivos e iniciado por un galego fillo dun asasinado.
Pilar Rojo encarga informes policiais sobre as protestas polas preferentes no Parlamento. A presidenta considera "gravísimo" o acontecido e "sen precedentes na institución", segundo conta El País.
O Goberno central reforzará a loita contra a fraude. O Consello de Ministros aprobará hoxe unha oferta de emprego público no que se primará a contratación de persoal para a vixilancia da fraude fiscal.
Catro deputados de AGE -Juan Fajardo, Antón Sánchez, Consuelo Martínez e Eva Solla- pasaron a noite no caixeiro de Gondomar no que leva dias pechado un grupo de afectados pola preferentes. Beiras achegouse a última hora da noite para coñecer de primeira man a súa situación.
A Xunta proporalles os seus traballadores pagarlles en 2013 a metade da extra de Nadal ou o despedimento de tres mil persoas, segundo publica esta mañá o Faro de Vigo
O PSC anuncia que se absterá na votación que aprobará o referendo, o que é moi duramente criticado pola prensa de dereitas de Madrid. Pola súa banda, ERC condiciona o Estado de Benestar ao dereito a decidir