O monte non se vende vén de publicar un vídeo que relata a mobilización dos veciños de Cabral en defensa do monte comunal, ameazado polo proxecto de construción do macrocentro comercial Porto Cabral, a cargo de Eurofund.
Fálase
Interinos e substitutos ocupan o 25% das prazas de docentes en Galicia, destaca Faro de Vigo, polo mor da taxa de reposición máxima do 10% imposta polo Goberno.
Os habitantes de Berlín votan hoxe en referendo se a súa rede eléctrica pasa a mans públicas. A asociación Berliner Energietisch (Mesa da Enerxía Berlinesa) recolleu 200.000 sinaturas para obrigar o goberno a realizar a votación. SPD e CDU amósanse en contra.
Este luns comeza en Exipto o xuízo contra o deposto presidente Mohamed Mursi e outros 14 líderes dos Irmáns Musulmáns, que xa ameazan con incrementar a intensidade das protestas se son condenados nun proceso que cualifican de "farsa".
Change.org supera os 320 mil usuarios en Galicia, dos 4,5 millóns que ten en España.
Faro de Vigo, xornal decano da prensa en España, chega hoxe aos 160 anos de historia, e publica un especial para conmemoralo.
Familiares de 129 fusilados da Guerra Civil enterran os seus restos en Aranda de Duero. En 1936 foran depositados en catro fosas comúns arredor da vila burgalesa.
Azaña, Carrillo, Negrín e Pasionaria, os grandes perdedores do Diccionario Biográfico da Real Academia da Historia. Mentres de Franco se di que "montou un réxime autoritario, pero non totalitario", Negrín é presentado como "practicamente ditatorial"
Dous xornalistas franceses, de Radio France Internationale, asasinados no norte de Malí. Foran secuestrados o pasado martes
A plataforma Prou Retallades, integrada por sindicatos e movdmentos sociais, convocará unha gran manifestación contra os recortes en Catalunya o 24 de novembro