Os habitantes de Berlín votan hoxe en referendo se a súa rede eléctrica pasa a mans públicas. A asociación Berliner Energietisch (Mesa da Enerxía Berlinesa) recolleu 200.000 sinaturas para obrigar o goberno a realizar a votación. SPD e CDU amósanse en contra.
Fálase
Este luns comeza en Exipto o xuízo contra o deposto presidente Mohamed Mursi e outros 14 líderes dos Irmáns Musulmáns, que xa ameazan con incrementar a intensidade das protestas se son condenados nun proceso que cualifican de "farsa".
Change.org supera os 320 mil usuarios en Galicia, dos 4,5 millóns que ten en España.
Faro de Vigo, xornal decano da prensa en España, chega hoxe aos 160 anos de historia, e publica un especial para conmemoralo.
Familiares de 129 fusilados da Guerra Civil enterran os seus restos en Aranda de Duero. En 1936 foran depositados en catro fosas comúns arredor da vila burgalesa.
Azaña, Carrillo, Negrín e Pasionaria, os grandes perdedores do Diccionario Biográfico da Real Academia da Historia. Mentres de Franco se di que "montou un réxime autoritario, pero non totalitario", Negrín é presentado como "practicamente ditatorial"
Dous xornalistas franceses, de Radio France Internationale, asasinados no norte de Malí. Foran secuestrados o pasado martes
A plataforma Prou Retallades, integrada por sindicatos e movdmentos sociais, convocará unha gran manifestación contra os recortes en Catalunya o 24 de novembro
Julian Assange abriu o concerto de M.I.A. en Nova York onte á noite. O fundador de Wikileaks interveu a través de Skype dende a súa reclusión da embaixada ecuatoriana en Londres
O blog Ssociólogos destaca que os asalariados perderon en 2012 1,6 puntos de poder adquisitivo, o maior descenso dende 1982