O blog Ssociólogos destaca que os asalariados perderon en 2012 1,6 puntos de poder adquisitivo, o maior descenso dende 1982
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/527517ba86d14-1357923756_832900_1357946837_noticia_normal.png)
O blog Ssociólogos destaca que os asalariados perderon en 2012 1,6 puntos de poder adquisitivo, o maior descenso dende 1982
A fenda de xénero instálase na política española co Goberno de Rajoy, destaca o blog de El Diario Por la boca. En 2011 España era o quinto país do mundo con menor diferenza de xénero no liderado político, en 2013 caeu até o posto 27.
Nadya Tolokonnikova, unha das Pussy Riot, está desaparecida dende que hai dez días foi trasladada dunha prisión en Mordovia, segundo denuncia a súa familia.
Esta noite faleceu no Castro, aos 92 anos de idade, Carme Arias de Castro Montero, Mimina, viúva de Isaac Díaz Pardo e motor canda a el de Sargadelos. Carolina Díaz escribe o seu obituario
Fitch sobe a perspectiva da economía española de negativa a estable, pero mantén a súa nota en BBB, só un chanzo por riba do bono lixo.
Imputados catro conselleiros máis de Novacaixagalicia polas polémicas indemnizacións a directivos. Trátase de Mauro Varela, Pilar Cibrán, Salvador Fernández Moreda e Alfonso Zulueta.
Faro de Vigo entrevista a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, que xustifica que o Sergas non cobra as vacantes dos médicos que se xubilan: "se baixa a poboación é lóxico que repensemos cubrir cada praza de médico"
infoLibre analiza a ponencia política que UPyD debate no seu congreso. A formación de Rosa Díez aposta por reducir o numero de concellos de oito mil a mil, por facilitar as achegas aos fondos de pensións privados, amósase contraria á privatización da sanidade e á Lei de Violencia de Xénero
IU e UPyD rompen co PSOE en Asturias. Os socialistas gobernarán en minoría tras rexeitar reformar a lei electoral
Unha concentración na Coruña amosa o apoio ás mulleres de Ve-la Luz en folga de fame, que acudiron tamén á mobilización.