Simancas (PSOE) destaca que "non hai aforro nin présa que pase por riba da seguridade, nin agora nin antes". O voceiro socialista afirma que o obxectivo do seu grupo é "estar coas vítimas, esclarecer as bases do accidente e poñer as bases para que isto non volva ocorrer". Laura Seara (PSdeG-PSOE) reclama "a modernización do ferrocarril e a chegada da alta velocidade a Galicia".
Fálase
A deputada da Esquerda Plural, Ascensión de las Heras, tamén pide a creación dunha comisión parlamentaria de investigación e denuncia que "a causa non se debe só a un fallo humano, como queren facer ver tanto o actual Goberno coma o anterior". Conclúe que PP e PSOE "fan piña para evitar a súa responsabilidade".
Rosana Pérez critica que a oficina de atención de afectados se instalase en Madrid "a pesar de que a maioría dos afectados son galegos" e conclúe que "o Estado trata a Galicia como menor de idade".
Comeza a intervención na Comisión de Rosana Pérez (BNG), que pide "transparencia" e reclama a creación dunha comisión parlamentaria de investigación. Critica que "houbo presa por culpar o maquinista" e asegura que as comparecencias de onte e hoxe "deixan claro que o treito onde se produciu o accidente non era de Alta Velocidade".
Ana Pastor anuncia que como consecuencia do accidente de Angrois "púxose en marcha un proceso de revisión xeral da seguridad en toda a rede ferroviaria" e e que en base a esta análise se adoptarán decisións. Lanza unha bateria de 19 medidas, entre as que destaca a de "dotar de protección, con secuencias de balizas ASFA, as zonas onde se produce unha importante redución de velocidade" e a de "promover un maior desenvolvemento do ASFA dixital para que conte con maior capacidade de transmisión".
Pastor explica os cambios no ancho da via e no sistema de seguridade. Afirma que no proxecto inicial a liña se propuxo o ancho internacional, pero optouse por montar todo o treito en liña convencional, porque o paso por dous cambiadores de ancho provocaba una atraso "innecesario". Así, cambiouse tamén o sistema de seguridad ERTMS o sistema ASFA
Pastor sinala que o estudo informativo para a liña Ourense-Santiago se iniciou en 1999, con cinco alternativas de trazado, pero todas elas con idéntiva solución para a entrada a Compostela. O proxecto para este treito realizouse en 2009 e recollía a instalación de ERTMS en todo o trazado, segundo a ministra de Fomento.
A ministra de fomento anuncia na súa comparecencia ante o Congreso que cederá a Angrois uns terreos propiedade de Adif para ofrecer servicios á comunidade, tal e como pediron os veciños.
Vén de comezar a comparecencia no Congreso de Ana Pastor, ministra de Fomento, para ofrecer explicacións sobre o accidente de Angrois. Toda a información, esta mañá en Praza. Pódese seguir en directo.
Só o 5,89% das noticias da prensa deportiva tratan sobre modalidades femininas, segundo un estudo de Emakunde, o Instituto Vasco da Muller. Gara é o xornal que lles dedica máis espazo (11%) e Marca o que menos (3%)