Pastor explica os cambios no ancho da via e no sistema de seguridade. Afirma que no proxecto inicial a liña se propuxo o ancho internacional, pero optouse por montar todo o treito en liña convencional, porque o paso por dous cambiadores de ancho provocaba una atraso "innecesario". Así, cambiouse tamén o sistema de seguridad ERTMS o sistema ASFA
Fálase
Pastor sinala que o estudo informativo para a liña Ourense-Santiago se iniciou en 1999, con cinco alternativas de trazado, pero todas elas con idéntiva solución para a entrada a Compostela. O proxecto para este treito realizouse en 2009 e recollía a instalación de ERTMS en todo o trazado, segundo a ministra de Fomento.
A ministra de fomento anuncia na súa comparecencia ante o Congreso que cederá a Angrois uns terreos propiedade de Adif para ofrecer servicios á comunidade, tal e como pediron os veciños.
Vén de comezar a comparecencia no Congreso de Ana Pastor, ministra de Fomento, para ofrecer explicacións sobre o accidente de Angrois. Toda a información, esta mañá en Praza. Pódese seguir en directo.
Só o 5,89% das noticias da prensa deportiva tratan sobre modalidades femininas, segundo un estudo de Emakunde, o Instituto Vasco da Muller. Gara é o xornal que lles dedica máis espazo (11%) e Marca o que menos (3%)
O FROB vai esixir que as ofertas na poxa de Novagalicia Banco sexan polo 100% do capital, segundo publica El Confidencial. Isto botaría abaixo a opción pretendida por Castellano e Feijoo, consistente en que algún fondo de investimento merque o 51%. La Caixa é o mellor situado para facerse co 100%.
O presidente da Generalitat Valenciana, Alberto Fabra, avala unha moción de censura en Orihuela asinada por un condenado, catro imputados e dous tránsfugas, e que polo tanto incumpre a Lei Electoral, ao igual que a promovida en Vimianzo.
Renfe queda sen tempo para competir pola concesión da alta velocidade en Brasil tras o accidente de Santiago e os cambios nas condicións do concurso. O Goberno de Dilma Rousseff podería acceder ao aprazamento pola oposición popular a la construción da liña e porque só ten asegurada unha oferta francesa
Emir Kusturica filmará un documental sobre a vida do presidente uruguaio, Pepe Mujica, cun formato semellante ao que realizou sobre Maradona. O título provisional do filme, que será unha coprodución entre empresas de Brasil, Arxentina e Uruguai, é El presidente de la gente.
A CEOE pide convertir unilateralmente contratos a tempo completo en parcial. Tamén pide máis flexibilidade salarial e de xornada no caso dos contratos de formación