O presidente da Generalitat Valenciana, Alberto Fabra, avala unha moción de censura en Orihuela asinada por un condenado, catro imputados e dous tránsfugas, e que polo tanto incumpre a Lei Electoral, ao igual que a promovida en Vimianzo.
Fálase
Renfe queda sen tempo para competir pola concesión da alta velocidade en Brasil tras o accidente de Santiago e os cambios nas condicións do concurso. O Goberno de Dilma Rousseff podería acceder ao aprazamento pola oposición popular a la construción da liña e porque só ten asegurada unha oferta francesa
Emir Kusturica filmará un documental sobre a vida do presidente uruguaio, Pepe Mujica, cun formato semellante ao que realizou sobre Maradona. O título provisional do filme, que será unha coprodución entre empresas de Brasil, Arxentina e Uruguai, é El presidente de la gente.
A CEOE pide convertir unilateralmente contratos a tempo completo en parcial. Tamén pide máis flexibilidade salarial e de xornada no caso dos contratos de formación
A partir das 19 horas Alberto Ramos, acompañado por Montse Dopico e Carlos Meixide, presentará na Feira do Libro da Coruña a súa última novela, Todos os días (Sotelo Blanco), gañadora do Premio Risco de Creación Literaria.
Greenpeace publica un informe cos 10 municipios españois que máis destruíron a súa costa nos últimos 20 anos e destaca o proceso acelerado de urbanización nos litorais de Castellón, Valencia e Almería. Asturias, Cantabria e Euskadi, as que máis protexen as súas costas da construción.
A Deputación de Lugo convocou para este venres ao mediodía unha xunta de portavoces para esixirlle ao Partido Popular que condene os crimes do franquismo.
AGE acusa a Xunta de "mentir" e falsear os datos de execución dos Fondos de Compensación Interterritorial. O deputado Antón Sánchez sinala que "case a metade dos fondos do ano pasado sen executar" e engade que dende a chegada ao poder de Núñez Feijóo o nivel de execución orzamentario do FCI "descende espectacularmente".
O presidente de Adif responde ás preguntas dos deputados e deputadas. Afirma que o sistema ERTMS non está instalado nese treito, "e, polo tanto, non pode estar operativo". Xustifica a decisión polo obxectivo de facer compatible ese sistema co das outras vías que chegan a Composela, dende A Coruña e dende Vigo, que empregan o ASFA. Sinala, ademais, que "non se pode considerar que este fora un accidente de alta velocidade. Entre Santiago e Ourense non hai alta velocidade"
Andrés Ayala (PP) defende que as medidas de seguridade eran "as adecuadas para a velocidade permitida" e pide non confundir a "responsabilidade ou capacitación das persoas que fan que todos os días saian trens" coas responsabilidades políticas.