A Deputación de Lugo convocou para este venres ao mediodía unha xunta de portavoces para esixirlle ao Partido Popular que condene os crimes do franquismo.
Fálase
AGE acusa a Xunta de "mentir" e falsear os datos de execución dos Fondos de Compensación Interterritorial. O deputado Antón Sánchez sinala que "case a metade dos fondos do ano pasado sen executar" e engade que dende a chegada ao poder de Núñez Feijóo o nivel de execución orzamentario do FCI "descende espectacularmente".
O presidente de Adif responde ás preguntas dos deputados e deputadas. Afirma que o sistema ERTMS non está instalado nese treito, "e, polo tanto, non pode estar operativo". Xustifica a decisión polo obxectivo de facer compatible ese sistema co das outras vías que chegan a Composela, dende A Coruña e dende Vigo, que empregan o ASFA. Sinala, ademais, que "non se pode considerar que este fora un accidente de alta velocidade. Entre Santiago e Ourense non hai alta velocidade"
Andrés Ayala (PP) defende que as medidas de seguridade eran "as adecuadas para a velocidade permitida" e pide non confundir a "responsabilidade ou capacitación das persoas que fan que todos os días saian trens" coas responsabilidades políticas.
Laura Seara (PSdeG-PSOE) sinala que esperaba dos presidentes de Renfe e Adif "algo máis ca unha actuación notarial". "A frialdade pode chegar a molestar", asegura.
Afectados por preferentes preparan para mañá unha nova retirada conxunta de fondos de NCG Banco. Será a segunda para varias agrupacións e o obxetivo é "facer presión".
Polo PSOE, Rafael Simancas, que pide coñecer "en que condicións de seguridade está o sistema ferroviario". Defende a seguridade dos trens híbridos e a "eficacia" tanto do sistema ERTMS coma do ASFA.
Gaspar Llamazares (IU) lamenta que as intervencións dos responsables de Renfe e Adif foran moi "casuísticas" pero moi pouco "causais". E denuncia que "se o factor humano é o determinante nun accidente de Alta Velocidade, ou velocidade alta, non temos nada que facer".
A taxa de paro de Grecia marca un novo récord en maio e chega ao 27,6%. En 2010, cando o país foi rescatado pola troika, o índice do desemprego era do 12%. Entre os menores de 25 anos o desemprego afecta ao 65%.
Por que sabendo que non estaba o ERTMS na zona non se puxeron as balizas que permitisen operar o sistema ASDA dixital? pregunta De las Heras, deputada pola Esquerda Plural. "Quedan moitas responsabilidades técnicas e políticas que dirimir" e pide "que non se busquen saídas "pola porta de atrás". Acusa ao ministro José Blanco, a Nuñez Feijóo e aos presidentes de Adif e Renfe de "afanarse en decir que era 'Alta Velocidade' cando en tal caso sería 'velocidade alta'".