A partir das 19 horas Alberto Ramos, acompañado por Montse Dopico e Carlos Meixide, presentará na Feira do Libro da Coruña a súa última novela, Todos os días (Sotelo Blanco), gañadora do Premio Risco de Creación Literaria.
Fálase
Greenpeace publica un informe cos 10 municipios españois que máis destruíron a súa costa nos últimos 20 anos e destaca o proceso acelerado de urbanización nos litorais de Castellón, Valencia e Almería. Asturias, Cantabria e Euskadi, as que máis protexen as súas costas da construción.
A Deputación de Lugo convocou para este venres ao mediodía unha xunta de portavoces para esixirlle ao Partido Popular que condene os crimes do franquismo.
AGE acusa a Xunta de "mentir" e falsear os datos de execución dos Fondos de Compensación Interterritorial. O deputado Antón Sánchez sinala que "case a metade dos fondos do ano pasado sen executar" e engade que dende a chegada ao poder de Núñez Feijóo o nivel de execución orzamentario do FCI "descende espectacularmente".
O presidente de Adif responde ás preguntas dos deputados e deputadas. Afirma que o sistema ERTMS non está instalado nese treito, "e, polo tanto, non pode estar operativo". Xustifica a decisión polo obxectivo de facer compatible ese sistema co das outras vías que chegan a Composela, dende A Coruña e dende Vigo, que empregan o ASFA. Sinala, ademais, que "non se pode considerar que este fora un accidente de alta velocidade. Entre Santiago e Ourense non hai alta velocidade"
Andrés Ayala (PP) defende que as medidas de seguridade eran "as adecuadas para a velocidade permitida" e pide non confundir a "responsabilidade ou capacitación das persoas que fan que todos os días saian trens" coas responsabilidades políticas.
Laura Seara (PSdeG-PSOE) sinala que esperaba dos presidentes de Renfe e Adif "algo máis ca unha actuación notarial". "A frialdade pode chegar a molestar", asegura.
Afectados por preferentes preparan para mañá unha nova retirada conxunta de fondos de NCG Banco. Será a segunda para varias agrupacións e o obxetivo é "facer presión".
Polo PSOE, Rafael Simancas, que pide coñecer "en que condicións de seguridade está o sistema ferroviario". Defende a seguridade dos trens híbridos e a "eficacia" tanto do sistema ERTMS coma do ASFA.
Gaspar Llamazares (IU) lamenta que as intervencións dos responsables de Renfe e Adif foran moi "casuísticas" pero moi pouco "causais". E denuncia que "se o factor humano é o determinante nun accidente de Alta Velocidade, ou velocidade alta, non temos nada que facer".