O Consello da Cultura Galega foi admitido esta mañá na Comunidade dos Países en Lingua Portuguesa (CPLP), durante a XI Conferencia de Xefes de Estado e de Goberno da entidade, en calidade de Observador Consultivo. O obxectivo é “facer máis visible a lingua e cultura galegas no exterior”
Fálase
Garda Civil e Policía buscan en Gondomar un condutor que se deu á fuga despois de atropelar un ciclista. Este martes outro ciclista resultou ferido en Lourenzá tras recibir o impacto dun coche
Neste día no que moitas persoas visitan nos cemiterios aos seus familiares e amigos falecidos a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica lembra nun vídeo que en España hai aínda decenas de milleiros de cadáveres en cunetas, campos e foxas comúns
En Marea demanda que o Goberno central lles permita aos Concellos regular unha bonificación do IBI (de ata o 90%) que protexa as persoas con maiores problemas económicos. Antón Sánchez presentou unha Proposición non de lei neste senso.
Marea Atlántica sinala que o grupo municipal do PSOE non cumpre os requirimentos necesarios para incorporarse ao Goberno local e critica o apoio dos socialistas á investidura de Rajoy. Con todo, a Marea mantén as portas abertas a un acordo para a aprobación das ordenanzas fiscais e dos orzamentos para 2017, "oportunidades para cambiar o rumbo"
O PP esíxelle ao PSOE que garanta a gobernabilidade, facilitando a aprobación dos orzamentos, e ameaza con convocar novas eleccións se non hai colaboración
A xestora do PSOE buscará atrasar todo o posible a celebración do Congreso do partido, barallándose o comezo do verán de 2017 como posible data escollida, para desactivar as opcións de Pedro Sánchez.
Un vídeo da NASA, convertido xa en viral, amosa o rápido desxeo que está a sufrir o Océano Ártico e os seus mares adxacentes
El Diario analiza os recortes orzamentarios para a prevención da violencia machista, un 26% dende o 2010, agochados polo minuto de silencio gardado no Congreso polas 36 mulleres asasinadas no que vai de ano polas súas parellas ou ex parellas
O PSOE abre expediente aos 15 deputados que votaron 'non' á investidura de Rajoy, entre elas á galega Rocío de Frutos