Máis efectos colaterais da nacionalización de Bankia: o Estado é de novo accionista principal de Iberia. En Ara.
Máis efectos colaterais da nacionalización de Bankia: o Estado é de novo accionista principal de Iberia. En Ara.
El País adianta que finalmente o escano 45 do parlamento asturiano é para o PSOE. O Goberno do Principado queda, en todo caso, nas mans do único deputado de UPyD.
O BNG presentou esta mañá a súa nova web. Os nacionalistas estréana cunha entrevista a Francisco Jorquera, cuxa candidatura á Xunta será lanzada este domingo nunha convención nacional.
A Comisión Europea bosquexa un panorama aínda máis negro para a economía española, cun paro do 25% e máis do 6% de déficit en 2013. Na Cadena SER.
Grandes clubs de fútbol, como Real Madrid e Valencia, fináncianse a través de Bankia. La Información analiza os efectos que terá neles a nacionalización da entidade.
España é un dos países desenvolvidos co menor nivel de cercanía coa ciencia e de coñecemento científico, por detrás de Italia ou Chequia e a moita distancia de Polonia ou Austria
Os expertos inciden no papel dos libros infantís para previr comportamentos homófobos e distriminatorios na apertura das II Xornadas Internacionais de Crítica e Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil, que se están a celebrar en Vigo. Constatan unha crecente presenza dos novos modelos de familia nas publicacións para menores
Ás dez e media comeza unha marcha reivindicativa dos traballadores e traballadoras da Consellaría de Traballo e Benestar, que protestan pola perda de 200 postos de traballo nese departamento. A marcha partirá da Cidade da Cultura, "símbolo do despilfarro máximo do diñeiro público galego" e chegará a San Caetano "símbolo máximo dun goberno galego incompetente e destrutor"
La Razón continúa a súa serie de portadas con fotos de estudantes. Este venres toca o exemplo positivo daqueles que cren que "non é momento de protestas"
O PSOE nega os contactos con Unifoz para acadar a alcaldía de Foz. Na actualidade o PP goberna en minoría.